Programa de actividades Maio
LETRAS GALEGAS 2016
(Des)Encontros galego-portugueses
[ Ciclo de eventos | marzo, abril e maio de 2016 ]
Organización
Centro de Estudos Galegos (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa) e Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa.
Sábado, 7 de Maio | 16h00
A Lisboa máis galega
Itinerario guiado por algúns dos lugares máis emblemáticos da comunidade galega en Lisboa.
Será conducida polo lector do Centro de Estudos Galegos, Isaac Lourido, que contará con convidados para participar nas tarefas de información de cada espazo visitado.
Saída desde a Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa.
[Abertas inscricións]
Máis informacións na Secretaría do Centro,
polo
Telf.: 218853680 ou polo [email protected]
Venres, 13 de Maio | 18:30h
Exposición de pintura
“Indo e vindo nun realismo aparente”
do pintor Galego, da Estrada,
Ramiro Cimadevila
- 18h30 Recepción de convidados
- 19h00 Inauguración da exposición polo Exmo Sr. Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia D. Antonio Rodríguez Miranda
- De seguida, visita á exposición e como remate será servido un viño
Aberta ao público ata o día 3 de Xuño
Máis informacións na Secretaría do Centro,
polo
Telf.: 218853680 ou polo [email protected]
Sábado, 14 de Maio | 16:00h
Presentación do libro de poesía
Dois corpos nus, despindo-se
Dous corpos nus espíndose
De Casimirio de Brito e da escritora galega Pura Salceda
Biblioteca Manuel Boullosa
Máis informacións na Secretaría do Centro,
polo
Telf.: 218853680 ou polo [email protected]
Venres, 20 de Maio | 19:00h
Especial
Día das Letras Galegas 2016”:
Manuel María
Conferencia
"Voltar a Portugal, dourada luz que ilumina"
Pola escritora galega Mercedes Queixas Zas, secretaria da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, sobre as intensas relacións de Manuel Maria con Portugal e a súa cultura.
Biblioteca Manuel Boullosa
![]()
Máis informacións na Secretaría do Centro,
polo
Telf.: 218853680 ou polo [email protected]






