A Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, fundada en 10 de novembro de 1908, é unha asociación de persoas interesadas en difundir e dar a coñecer a cultura e as tradicións galegas en todas as súas manifestacións. A súa vocación é a de fomentar, entre os seus asociados, actividades culturais, recreativas e sociais, creando entre eles vencellos de amizade e compañeirismo. Procura tamén manter a continuidade dos valores, costumes e usos tradicionais de Galicia, non deixando de promover, por outra banda, un proficuo intercambio cultural con outras asociacións similares.
A Xuventude de Galicia está inscrita con o número 13 na “Federação Portuguesa das Colectividades de Cultura e Recreio” e foi declarada de Utilidade Pública en 26 de novembro de 1980, distinción que é concedida a Asociacións que presten servizos relevantes á comunidade ou teñan actividades de interese xeral.
Ver mais...
Destaques
Estimados sócios e amigos
Esperamos que todos vos atopedes de boa saúde e con enerxía para afrontar a última etapa de desescalada que se presenta.
Así, a partir de luns 3 de Maio, a Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, retoma os horarios anteriores ó 15 de xaneiro, é dicir, darán inicio as actividades das escolas entre outras, así como abrirá o bar/RestauranteÁlvaro Cunqueiro.
O acceso a instalacións e ás diferentes actividades está condicionado ás normas en vigor e ó cumprimento dos protocolos de hixiene de máns, etiqueta respiratoria, distancia social e control de temperatura.

Sábado, 19 de junho | 17:00 h
Época 2020/2021


















