Breve historia do Grupo "Anaquiños da Terra"
O Grupo Anaquiños da Terra naceu en xaneiro de 1955 na Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa para recrear os cantares e, máis tarde, a música e as danzas tradicionais galegas. Ó longo destes anos actuou nos mais diversos lugares: Embaixada de España, casinos, festivais de folclore, televisións (portuguesa e galega) e institucións de solidariedade social, sempre coa intención de divulgar o folclore galego en Portugal.
Os “Anaquiños da Terra” acaban por ser o principal vehículo de expresión da tradición galega. O seu nome é indicativo dese papel: significa: “pedaciños da nosa terra”. O Grupo pretende ser o intérprete deses anacos culturais e expresivos da cultura galega.
Os cantares son esencialmente femininos, os instrumentos, entre os cuais destacan as pandeiretas, as cunchas, como as utilizadas polos peregrinos a Santiago de Compostela, as piñas, o tambor, o bombo, o pandeiro, a zanfona (instrumento de cordas medieval) e a gaita, entre outros.
Na danza tradicional galega, onde destaca especialmente a muiñeira, a xota e a pandeirada, características dos bailes tradicionais, tamén existen danzas asociadas a eventos específicos, como son: a danza de maio, a danza dos paos ou a danza da regueifa, típica de bodas. Existe tamén outro tipo de danza máis recente produto de interaccións con outras tradicións, normalmente traídas por emigrantes galegos, como son: a polca, o valse galego ou a mazurca.
Os traxes dos “Anaquiños da Terra” son típicos de Galicia, de varias rexións e con diversas aplicacións.
REGLAMENTO DOS “ANAQUIÑOS DA TERRA” ( EN PREPARACIÓN )
Colabora achegando as túas ideas e suxestións e outras informacións
Se queres participar coa túa opinión envia un mail ou contacta o noso Centro
Mais información pincha aquí
VEN SER UN ANAQUIÑO
Ensaio adultos: 6ª feira, 21h30
