Biblioteca " Manuel Boullosa"
A Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa dispón dunha Biblioteca, que leva o nome do noso benfeitor “Manuel Boullosa”, con casi 11.000 itens, entre libros, publicacións periódicas, rexistros sonoros e audiovisuais.
O noso fondo bibliográfico está formado por uns 10.800 libros dos cuais 9.920 estan en galego, 475 en castelán e uns 400 en português, estas cifras son estimativas, xa que o proceso de catalogación foi interrumpido e retomado ha pouco tempo e non de maneira constante. Contamos tamén cunha videoteca cuns 52 títulos, unha cedeteca con 129 items entre cd´s e DVD´s.
A Biblioteca está situada no primeiro andar do Centro, intégrase nos servizos que ésta ofrece con diversa documentación, en galego ou sobre Galicia, e tamén, ainda que en menor número, en castelán, português e francés.
Por non estar completo o proceso de catalogación, o servicio limítase a consultas e asesoramento, ainda que nalguns casos realízanse préstamo dos libros.
Iniciáronse tamén dous fondos especiais, que consideramos de grande importancia:
FONDO EMIGRACIÓN GALEGA
Con aproximadamente uns 216 títulos
FONDO CAMIÑO DE SANTIAGO
Creado há pouco mais de un ano con aproximadamente uns 168 títulos, e có que tentamos desde aqui divulgar e ofrecer todo o material e información posible, sendo feitas múltiples consultas, especialmente do camiño portugués.
Un ano mais contamos coa inestimable colaboración dunha asociación portuguesa de recente creación: APVL –Associação e Peregrinos Via Lusitana, que están actualizando moita da importante información, relativa ao Camiño Portugués, que vai de Lisboa a Tui, co que esa parte mais descoñecida do camiño ficaria mais completa e actualizada.
Os que non sexan socios e queiran acceder a nosa biblioteca deben pagar inicialmente a cuota mensual.
Alén dos socios, acceden a este espazo especialmente estudantes, investigadores, xornalistas, profesores e escritores. Aínda que na actualidade existen algunhas limitacións de tempo, asesoramos e orientamos sobre alguns libros e outros temas relacionados con Galicia, especialmente culturales e turísticos, serán sempre benvidos.

