Programa de actividades Dezembro
Estimados socios e amigos da Xuventude de Galicia, a piques de rematar o Ano de 2016 a nosa Casa cumpriu un ano máis. Dende hai 108 anos que damos a coñecer á fermosa cidade de Lisboa as nosas costumes e as nosas tradicións, grazas ao traballo levado a cabo con empeño, dedicación e espírito voluntario dos socios e das sucesivas direccións.
É con pena que nos decatamos que cada vez máis a dinámica da vida cotiá non permite que os/as galegos/as se acheguen a esta súa Casa para participar das varias actividades que se promoven. Aínda así, para continuidade da nosa Casa fará falta a axuda e o empeño de todos para trazar un futuro cimentado na nosa historia e tradicións, sen esquecer a integración das novas xeracións e para que o nome da nosa Casa permaneza no lugar que merece pasados os 108 anos da súa historia.
No vindeiro sábado dia 10 de decembro, faremos a celebración do 108º Aniversario, con algún atraso por imprevistos que foran aparecendo, no entanto, non podíamos deixar de o celebrar en honra daqueles que ata os días de hoxe mantiveron viva a lembranza de Galicia a través de varias manifestacións de carácter cultural, lúdico, recreativo e/ou deportivo.
Nestas datas que se acercan non queremos deixar de desexar a todos os máis sinceros votos de un Feliz Nadal e que o vindeiro Ano de 2017 vos sexa próspero canto ao que mais desexades.
Álvaro Moreira
Sábado, 10 Decembro| polas 19:30h
Cea 108º Aniversar
- 19:30h - Recepción
- 20:00h - Santa Misa
- 21:00h - Cea
Entrega de emblemas de 25 e 50 anos de asociados
Actuación Grupo Anaquiños da Terra e Escola Célia Neves
Remate con Queimada Galega
Máis informacións e inscricións (preferentemente ata o 08/12)
Secretaría do Centro, polo Tlef.: 218853680 ou polo [email protected]
Ata 11 Decembro
Exposición de pintura e escultura
"A Prieto e a Cores"
Salón Leocadia Boullosa

A Prieto e a Cores é un convite a escoitarmos os nosos sentidos. Na superficie de cada textura, frase, trazo e personaxe, emerxeun mundo imaxinario repleto de múltiples significados ditando as súaspropias regras, transportándonos a unha viaxe ao sabor da arte.
Das 15h às 21h incluindo feriado






