Programa de actividades Março
(Des)Encontros galego-portugueses
[ Ciclo de eventos | marzo, abril e maio de 2016 ]
Organización
Centro de Estudos Galegos (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa) e Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa.
Descrición
O obxectivo deste ciclo é programar unha serie de conferencias, debates e outros eventos sobre as relacións históricas e actuais entre as sociedades e as culturas galega e portuguesa, atendendo a diferentes aspectos.
O ciclo constará de seis sesións, que terán lugar nos meses de marzo, abril e maio nas instalacións da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, coa seguinte estrutura:
4 de Marzo | 19h00
Lingua
Coa presenza de
- Marco Neves (Faculdade de Ciências Socias e Humanas – Universidade Nova de Lisboa), cuxa intervención leva por título
“Galego: a lingua invisível”
e - José Ramom Pichel (Membro das comisións de traballo da Lei Valentín Paz Andrade para o desenvolvemento do portugués na Galiza), que falará de “Galiza, essa peça de Tetris linguística a configurar e encaixar entre os relatos de Espanha e Portugal”
18 de Marzo | 19h00
Historia e cultura da fronteira
Coa presenza da antropóloga e profesora Paula Godinho (Faculdade de Ciências Socias e Humanas – Universidade Nova de Lisboa), que dará unha conferencia sobre o Couto Mixto titulada “O Couto Misto no Tratado de Limites de 1964: o interesse dos Estados e a resistência das populações”
Todos os eventos decorrerão na
Xuventude de Galiza - Centro Galego de Lisboa






