Axenda cultural
Programación Marzo 2011
| 18 |
19.00h Conferencia que correrá a cargo do profesor Antonio Mira, Lector de galego da Facultade de Faro, Universidade de Algarve. Na nosa biblioteca. 20.15h Cea de Entroido
Como homenaxe á faceta gastronómica de Cunqueiro, remataremos cunha cea no noso restaurante que leva o nome do escritor mindoniense.
Data límite de reserva 15 de marzo |
| 24 |
19.00h Inauguración exposición de pintura de Carmen Touza
Pintora nada en Pontevedra en 1949. No ano 1965 se muda a Alemania donde vivirá 10 anos e se formará pictóricamente e coñecerá o pintor checo Walter Womacka, con quen realizará varios obradoiros de pintura no seu estudo de Berlín. Coñecerá tamén o pintor Gerhard Richter quen lle asesorará no seu estilo… De volta a España realiza obradoiros con Modest Cuixart, Guinovart, Eduardo Úrculo, Jaume Ponç e Jaume Coll, ex-decano da Facultad de Bellas Artes de Barcelona. Posteriormente instálase en Tenerife e volta anos despois a súa terra natal, Pontevedra, cidade na que vive e traballa actualmente. As súas exposicións van dende Alemania, Italia, España, Estados Unidos e Portugal, tanto individuais como colectivas. A súa obra podémola atopar en varias coleccións en Alemania, Arxentina, Estados Unidos, Francia, Italia, JapóN e en numerosas coleccións de pintura españolas. Aberta ao público ata o 12 de Abril De luns a venres de 11.00-14.00h e de 15.30-20.00h |








