...

Xunta de Galicia Rede de Bibliotecas de Galicia Arquivo da Emigración Galega Turgalicia Galicia Aberta

Programa 2010

Programa 2009

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

cultura galega no Centro de Lisboa

Axenda cultural

Programación Marzo 2010


8

20.00h Visita ao Centro Galego do equipo ciclista Xacobeo Galicia

Equipo ciclista Xacobeo Galicia

O equipo ciclista Xacobeo Galicia, ganador por equipos da Vuelta a España 2009, visitará o luns dia 8 de marzo o noso centro, polas 20.00h.

Ó dia seguinte está previsto que o equipo parta de Lisboa para, en 3 etapas, facer o Camiño Portugés, e chegar o día 11 a Santiago de Compostela.


9

11.00h SAÍDA DO EQUIPO CICLISTA XACOBEO GALICIA DENDE A XUVENTUDE DE GALICIA- CENTRO GALEGO DE LISBOA

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, dará a saída o martes día 9 as 11.00h desde Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, do equipo Xacobeo Galicia no inicio do seu percorrido pola ruta portuguesa do Camiño de Santiago, entre a capital de Portugal e a cidade compostelana; estará acompañado no acto por autoridades políticas locales. O traxecto a cubrir foi dividido en tres etapas cunha lonxitude aproximada dos douscientos kilómetros cada unha.

Na primera xornada o equipo profesional galego ten previsto chegar a Termas da Curia, despois de percorrer 225 kilómetros, a segunda etapa concluirá en Ponte de Lima, tras percorrer 184 kilómetros e a terceira e última, cun percorrido de 186 kilómetros seguindo a ruta da costa dentro da provincia de Pontevedra, o equipo ciclista ten previsto chegar á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.


20

Contacontos e Fantoches

16.30h Actuación Fantoches BAJ
Contacontos para os mais pequenos

Espectáculo de narración oral constituído por unha selección de contos de autor, contos tradicionais, poemas e cancións nas que se fala con simpatía dese animal
tan entrañable que é o burro.

Nestas historias o protagonista principal é o burro da Tía Lola, personaxe que inmortalizaron os gaiteiros Os Dezas de Moneixas nun pasadobre.

O espectáculo está dirixido a un público familiar.