...

Xunta de Galicia Rede de Bibliotecas de Galicia Arquivo da Emigración Galega Turgalicia Galicia Aberta

Programa 2010

Programa 2009

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

cultura galega no Centro de Lisboa

Axenda cultural

Programación Outubro 2010


8

19.00h Inauguración da exposición:
'CANÍCULA 2010‘
do pintor galego MANOEL BONABAL

Exposición Manoel Bonabal

Nesta ocasión amósanos as suas impresións reflectidas nun carderno de viaxe, no seu percorrido por lugares como Casablanca, Funchal, Lanzarote, Porto, e o Camiño de Santiago, espazos con luz propia pra alma do camiñante…


Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela en 1961. Estudou na Escola de Artes e Ofícios Maestro Mateo da sua cidade e complementou sua formación no estudio de escultura do seu pai Manuel Barreiro Moratalla.

Como pintor, a sua lavoura artística desenvólvese dende fai mais de vinte anos, especialmente na Arte Postal.
Componente do grupo RAVAR (constituído por artistas do gravado).
Adícase profesionalmente á pintura..

Aberta ao público ata o 27 de outubro
De luns a venres das 10.00h-14.00h e das 16.00h-20.00h.


29

18.30h Inauguración da exposición:
DE MÓNICA QUARTIN E MICHÈLE DEMOUSTIER

Exposición Mónica Quartin

Mónica Van Zeller Quartin Bastos Leal da Costa
Nos amosará o seu “ANIMALÁRIO”, de ollos expresivos e trazo vivo, todos e cada ún dos seus animais vibran cheos de vida e movimento nos que atopamos equilíbrio estético, ledicia, armonía de formas e cores.

Mónica Quartin naceu en Lisboa en 1960. Estudou na escola Superior de Belas Artes de Lisboa. Colaborou no “atelier” de Flávia Monsaraz nos anos 1980/81/82. Adicouse exclusivamente a tapicería de 1980 ao 2000. A partir de 2008 retomaría o deseño.

Exposición Michele Demoustier

Michele Demoustier
Móstranos os seus batiks cheos de cor e creatividade cunha profunda e especial sensibilidade.

Michele Demoustier naceu em Lisboa en 1958. Estudou no Institut Bischoffsheim (Escola Superior de Artes) de Bruxelas, no ano 1981. De regreso a Portugal, adicouse totalmente a sua actividade artística, e desenvolveu unha técnica propia na que utiliza simultaneamente o batik e a pintura sobre seda. Participou en diversas exposicións individuais e colectivas, sendo a sua última na Fundação Medeiros de Almeida, Lisboa, 2009.

Aberta ao público ata o 5 de Novembro
De luns a venres das 10.00h-14.00h e das 16.00h-20.00h.