...

Xunta de Galicia Rede de Bibliotecas de Galicia Arquivo da Emigración Galega Turgalicia Galicia Aberta

Programa 2011

Programa 2010

Agenda cultural do Instituto Cervantes de Lisboa

Cultura galega no Centro de Lisboa

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

Axenda cultural

Programación Maio 2011


EXPOSICIÓNS


Exposição de Pintura "Realidades"

6 DE MAIO/ 19.30h.

Inauguración no Salón Nobre da exposición de pintura “Realidades” de Paco Martín-Milán (Badajoz, 1964). É artista e profesor de artes plásticas. A partir do 90 comeza a perfilar unha pintura na que a representación mimética de obxectos e persoas da paso á transmisión e emocións.

Exposição de Pintura "Tertulia entre amigos"

27 DE MAIO/ 19.30h.

Inauguración da exposición colectiva de Raul Lourenço, Clara Villavieja e Alberto Mencos titulada “Tertulia entre amigos”.

LITERATURA


14 DE MAIO/ 20:00.

Presentación do libro Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño na librería Ler de Vagar, LX Factory, antiga gráfica Mirandela en Alcântara, na Rua Rodrigues Faria 103 de Lisboa. Contará coa presencia de Urbano Tavares, Emilio Xose Cambeiro e Isabel Lousada.

16 DE MAIO/ 20:00.

Encontro literario con Begoña Caamaño na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa.

17 DE MAIO/ 20:00 DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A LOIS PEREIRO

Lois Pereiro


Lois Pereiro nace en Monforte de Lemos en 1958.Realiza estudos de tradución en Madrid, alí vai estar vencellado a Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane cos que colabora nas xa míticas publicacións Loia ou Luces de Galiza.

ÁS 12:00

Inauguración da FEIRA DO LIBRO GALEGO que durará ata o día 26.

Ás 19:30

Haberá unha conferencia sobre Lois Pereiro a cargo de Luciano Rodríguez Gómez (Viana do Bolo, Ourense, 1951). Licenciado en Filoloxía Románica é profesor de Literatura Galega da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Aínda que se ten ocupado da narrativa e o teatro, case todas as súas publicacións están relacionadas coa poesía Contemporánea.

Ás 21:00

Espectáculo audiovisual e teatral en homenaxe a Lois Pereiro na nosa explanada.

23 DE MAIO/ 19:30.

Presentación do libro “Lois Pereiro, un calidoscopio” de Mario Regueira (Ferrol, 1979). É Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago. É presidente da Asociación de Xestores Culturais de Galicia. Ten publicado reseñas na revista Grial. Como narrador publicou o libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais 2004) e a novela “L’affiche rouge” (Xerais 2007); como poeta publicou Tanxerina (2006), Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé para autores inéditos.

CINEMA


CICLO DE CINEMA GALEGO/ 19:00 NA NOSA BIBLIOTECA

Entrada libre
Achégese a coñecer un pouco do noso mellor cine

6 DE MAIO / “Camarote de lujo”
13 DE MAIO / “O bosque animado”
20 DE MAIO / “A mariñeira”
27 DE MAIO / “A língua das bolboretas”
3 DE XUÑO / "Os luns ao sol"

28 DE MAIO- Maratona de cinema galego

FESTA GALEGA


21 DE MAIO / Á NOITIÑA, CARNE AO CALDEIRO

con música e danza galega cos ANAQUIÑOS DA TERRA. Inscricións ata o día 18.

PALESTRAS NA FACULDADE NOVA


Aula 44 da Faculdade de Ciências Sociais.

5 DE MAIO/ 14:00. “A BANDA DESENHADA GALEGA”

A cargo do profesor Júlio Carvalho da Universidade de Salamanca.

5 DE MAIO/ 15:15. “DA LITERATURA GALEGA AO CANTO DE INTERVENCIÓN”

A cargo do profesor Alberte Pombo da Universidade de Cáceres.

10 DE MAIO/ 14:00. “NOVO CINEMA GALEGO?”

A cargo do crítico de cinema e xornalista Martin Pawley.