Programa de actividades Maio
17 de Maio | Letras Galegas 2020
O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero.
A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.
O profesor ferrolán, unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vencellada á historia do galeguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas. Ricardo Carballo Calero intervén nun acto organizado polo Facho no ano 1966.
Fonte: Arquivo da RAG
A celebración solemne deste acto das Letras Galegas aprazase por primeira vez na historia e pasa ó 31 de outubro.
As consecuencias da crise sanitaria polo COVID-19 obrigaron a que o pleno extraordinario da RAG se celebre o día despois da conmemoración do 110º aniversario do nacemento de Carvalho Calero.
Do mesmo xeito, a RAG mantén a intención de "prolongar a celebración do ano Carvalho Calero" ao longo do último cuadrimestre deste 2020 e "minimizar o impacto" da crise do coronavirus "na grande festa da cultura galega".
Sigue o link https://www.facebook.com/LinguaGalega/ onde Política Linguistica ofrece ferramentas e materiais dos proxectos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2020 -que nesta edición homenaxean a Ricardo Carvalho Calero- e nos que a Secretaría Xeral da Emigración colabora na súa difusión.
De 27 de abril a 2 de xullo
Aulas Galicia Aberta
Aquí queda toda a info sobre a #AulaGaliciaAberta da Secretaría Xeral da Emigración, os obradoiros en liña de gaita galega, percusión tradicional, baile galego e percusións de man e canto tradicional galego que xa comezan a vindeira semana!!!
- Obradoiro de Percusións de man e canto tradicional galego - #AulaGaliciaAberta
Datas:
Clase 1: 27.04.2020
Maio: 04.05.2020 / 11.05.2020 / 18.05.2020 / 25.05.2020
Xuño: 01.06.2020 / 08.06.2020 / 15.06.2020 / 22.06.2020 / 29.06.2020
Mais info: https://emigracion.xunta.gal/…/percusions-man-e-canto-tradi…
Hora: 20:00 [ESP]
- Obradoiro de PERCUSIÓN TRADICIONAL - #AulaGaliciaAberta
Obradoiro de PERCUSIÓN TRADICIONAL - #AulaGaliciaAberta
Datas:
Clase 1: 28.04.2020
Maio: 05.05.2020 / 12.05.2020 / 19.05.2020 / 26.05.2020
Xuño: 02.06.2020 / 09.06.2020 / 16.06.2020 / 23.06.2020 / 30.06.2020
Mais info: https://emigracion.xunta.gal/…/percusion-tradicional-aula-g…
Hora: 20:00 [ESP]
- OBRADOIRO DE GAITA GALEGA - #AulaGaliciaAberta
Datas:
Clase 1: 29.04.2020
Maio: 06.05.2020 / 13.05.2020 / 20.05.2020 / 27.05.2020
Xuño: 03.06.2020 / 10.06.2020 / 17.06.2020 / 24.06.2020 / 01.07.2020
Mais info: https://emigracion.xunta.gal/…/gaita-galega-aula-galiciaabe…
Hora: 20:00 [ESP]
- OBRADOIRODE DANZA GALEGA - #AulaGaliciaAberta
Datas:
Clase 1: 30.04.2020
Maio: 07.05.2020 / 14.05.2020 / 21.05.2020 / 28.05.2020
Xuño: 04.06.2020 / 11.06.2020 / 18.06.2020 / 25.06.2020 / 02.07.2020
Mais info: https://emigracion.xunta.gal/actualidade/axenda/baile-galego-aula-galiciaaberta
Hora: 20:00 [ESP]






