O Dia das Letras Galegas 2020
Homenaxeado Ano 2020
Ricardo Carballo Calero
O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero.
A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.
O profesor ferrolán, unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vencellada á historia do galeguismo no pasado século XX: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas. Ricardo Carballo Calero intervén nun acto organizado polo Facho no ano 1966.
Fonte: Arquivo da RAG
Ricardo Carballo Calero medrou en Ferrol, rematou o bacharelato na Coruña e en 1926 marchou estudar Dereito e Filosofía a Santiago de Compostela, onde mantivo unha intensa actividade intelectual e política: entrou axiña en contacto co galeguismo artellado arredor do Seminario de Estudos Galegos —do que chegou a ser secretario xeral— e cultivou un estreita relación con Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e outros mestres da Xeración Nós. Nesta etapa redactou un manifesto sobre a galeguización da universidade (subscrito, entre outros, por Álvaro Cunqueiro ou Francisco Fernández del Riego) e participou na fundación do Partido Galeguista e no proceso de redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia. Dos anos de mocidade son ademais as súas primeira obras literarias, os poemarios Vieiros (1931), o seu primeiro libro en galego, e O silenzo axionllado (1934).
A guerra civil estopou cando preparaba en Madrid as oposicións á cátedra de bacharelato, despois de acadar unha praza de funcionario no seu concello natal. Loitou no bando republicano, como miliciano primeiro e logo como tenente, e en 1939 foi detido e condenado a prisión. Dous anos despois foi posto en liberdade, pero prohibíuselle ocupar cargos públicos. Empezaría daquela unha etapa dedicada ao ensino privado que o levaría en 1950 a fixar a súa residencia en Lugo para dirixir o Colexio Fingoi, mentres restablecía relacións co galeguismo que non se exiliara. Ese mesmo ano fundábase a Editorial Galaxia, un proxecto co que colaborou activamente. Participou na primeira xeira da Colección Grial e foi membro do consello de redacción e constante colaborador da revista Grial desde a súa saída en 1963 ata 1989, pouco antes do seu pasamento.
No ámbito académico, en 1954 doutorouse en Madrid coa tese Aportaciones a la literatura gallega contemporánea. En 1958 ingresou como membro de número da Real Academia Galega, co discurso titulado Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, e máis adiante sería o redactor, xunto a Ramón Piñeiro, das primeiras normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas por esta institución (1970-71). En 1965 incorporouse como profesor interino á Universidade de Santiago de Compostela, da que foi o primeiro docente das materias de Lingua e Literatura Galegas, que se acababan de introducir como optativas nos programas universitarios; e en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas, posto do que se xubilou no ano 1980. Durante as últimas décadas da súa vida mantivo unha intensa actividade como articulista e colaborador en prensa, residindo de xeito permanente en Santiago de Compostela, onde faleceu en 1990. O seu labor foi recoñecido nestes anos dentro e fóra de Galicia. En 1981 foi nomeado membro da Academia das Ciencias de Lisboa e en 1984 recibiu a Medalla Castelao.
Da creación ao estudo da literatura
A obra de creación literaria de Carballo Calero transita os diversos xéneros canónicos e suma uns vinte libros. Como narrador publicou A xente da Barreira (1951) —premio Bibliófilos Gallegos e primeira novela en galego da posguerra, cunha historia centrada nunha saga fidalga do rural—, Scórpio (1987) —na que retrata a xeración dos vencidos na guerra civil e considerada en certos aspectos autobiográfica— e relatos curtos. Tamén cultivou a poesía, con títulos como Vieiros (1931), O silenzo axionllado (1934), Anxo de terra (1950), Poemas pendurados dun cabelo (1952), Salterio de Fingoy (1961), o volume antolóxico Pretérito imperfeito (1980), Cantigas de amigo e outros poemas (1986) ou Reticências (1990). Igualmente, fixo achegas á literatura galega como dramaturgo: Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro (1971), Teatro completo (1982).
Na súa extensa produción destacan os seus estudos sobre a literatura, que con frecuencia atravesan as fronteiras entre os xéneros didáctico e ensaístico. Entre as súas importantísimas contribucións á historiografía literaria sobresae a erudita Historia da literatura contemporánea galega (1963), o esforzo de sistematización da nosa literatura máis ambicioso e significativo da segunda metade do século XX. Nos estudos que publicou na década de 1970 sobre diversos autores salientan os que lle dedicou a Rosalía de Castro, coa edición da súa poesía e análises da lingua e da obra literaria da poeta (Estudios rosalianos, 1979). Unha parte deses traballos están recollidos en colectáneas como Libros e autores galegos (2 vols., 1979 e 1982), Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989) e Escritos sobre Castelao (1989). Foi tamén moi relevante a súa actividade como conferenciante e articulista, incluso nas páxinas da prensa diaria, arredor de asuntos de índole filolóxica ou cultural. Recolleitas de traballos deste tipo atópanse nos volumes misceláneos Umha voz na Galiza. Artigos de Jornal (1933-1989) (1992) e Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (2010).
Carballo Calero é ademais autor da Gramática elemental del gallego común (Galaxia, 1966), manual de referencia para as primeiras xeracións de estudantes de lingua galega e que atinxiu unha gran difusión, ata chegar ás sete edicións. A de 1979, a derradeira, ten cambios importantes na ortografía e en escollas léxicas e, sobre todo, morfolóxicas a raíz do cambio na concepción de Carballo sobre o que debería ser o galego culto, xa que desde mediados da década dos 70 pasou a defender a adopción dunha ortografía próxima á portuguesa para o galego e a aceptación do portugués como referencia fundamental do galego estándar. A partir desas datas empeza a asinar como Ricardo Carvalho Calero. Os seus traballos lingüísticos e a exposición e propostas de orientación reintegracionista foron recollidos en volumes como Problemas da Língua Galega (Lisboa, 1981), Da fala e da escrita (1983) e Do galego e da Galiza (1990).
Obra
Poesia
- Trinitarias, 1928
- Vieiros, 1931
- La soledad confusa, 1932
- O silencio axionllado, 1934
- Anxo da terra, 1950
- Poemas pendurados dun cabelo 1952
- Saltério de Fingoi, 1961
Colectâneas
- Pretérito Imperfeito, 1980
- Futuro condicional, 1982
- Cantigas de amigo e outros poemas, 1986
- Reticências, 1990
Teatro
- A sombra de Orfeo
- Farsa das zocas, in Grial, 1963
- A arbre, in Grial, 1965
- Auto do prisioneiro, in Grial 1970
- Catro pezas (A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre e Auto do prisioneiro), 1971
- Teatro Completo, 1982
Narrativa
- Gente da Barreira, 1950, primeira obra narrativa de Carvalho e primeiro romance galego de pós-guerra publicado na Galiza. O tema lembra um dos típicos da obra de Otero Pedrayo: a decadência da fidalguia galega rural, localizada no paço e rodeada dos tipos populares galegos. Trata-se de blocos narrativos com entidade própria, 19 ao todo, embora contem com um tema que lhes dá entidade comum. Ambientada no século XIX, tem estilo realista e remete para o romance galego anterior ao golpe de estado de 1936: à Geração Nós de Otero Pedrayo e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
- Os tumbos, conto editado na revista Alba, de Vigo, em 1950.
- As pitas baixo a chuva, conto infantil publicado pela primeira vez na revista Lar, de Buenos Aires, e, 1952.
- A cegonha, conto publicado na revista Vida Galega, de Lugo, em 1957.
- Os amores serôdios, com pontos de contacto com Os velhos não devem apaixonar-se, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, ao tratar o tema universal dos amores em idades avançadas. Foi publicado pela primeira vez em 1979, na revista viguesa Grial.
- Os senhores da Pena, escrito nos anos 40 mas só publicados em 1984, na segunda edição da Narrativa completa. De duração breve, do mesmo género que Gente da Barreira.
- O lar de Clara, escrito nos anos 40 mas só publicado em 1984, na segunda edição da Narrativa completa. Ambientado no seu Ferrol natal na altura da sua infância, Carvalho recorre à narração autobiográfica, lembrando pequenas lembranças de inícios do século XX, com belas descrições dos ambientes urbanos ferrolanos, que o autor sempre lembrou com saudades.
- Provérbios otomanos, publicado na revista Agália em 1985, sob o pseudónimo de Namiq Ziyá.
- Scórpio, 1987, o maior romance de Carvalho Calero, percorre um tempo histórico que também o autor viveu: o da guerra, que marcou toda uma geração, e que constitui o pano de fundo das narrações autónomas que compõem a obra, polifonia formada por numerosas vozes em torno do protagonista, Rafael ou 'Scórpio'. Elementos que remetem para a vida de Carvalho alternam com outros puramente ficcionais, numa narração de técnica apurada e difícil que ganhou o Prémio da Crítica ao melhor romance naquele ano.
Ensaios
- História da Literatura Galega Contemporânea, 1963 (reedições em 1975 e 1976). Inclui estudos de etapas e autores literários da Galiza a partir de 1808 e até 1975. A primeira edição incluiu apenas a primeira parte, abrangendo o século XIX. A obra completa aparece em 1975, sendo desde então referência incontornável para o estudo da literatura galega contemporânea.
- Sete poemas galegos, 1955
- Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal, 1961
- Gramática elemental del gallego común, 1966. Primeiro trabalho apresentado como livro dedicado por Carvalho à ciência linguística, com grande sucesso editorial na altura. Teve sucessivas edições, a última de 1979.
- Brevario antológico de la literatura gallega contemporánea, 1966
- Edição de Cantares gallegos de Rosalía de Castro,1969
- Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle Inclán, 1970
- Sobre lingua e literatura galega, 1971
- Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro, 1972
- Poesías de Rosalía de Castro, con L.Fontoira Surís, 1972
- Estudos rosalianos, 1977. Estudos e ensaios dedicados a aspectos temáticos da obra poética e da biografia de Rosalia de Castro.
- Problemas da Língua Galega, 1981. Publicado em Portugal na editora Sá da Costa, inclui trabalhos publicados de maneira dispersa previamente, na década de 70.
- Da Fala e da Escrita, 1983. Publicado em Ourense, divide-se em duas partes: uma intitulada "Estudos, Discursos e conferências", e outra "Notas de Jornal", nos dois casos sobre temática literária e linguística galega.
- Letras Galegas, 1984. Colectânea de artigos e trabalhos de temática linguística (primeira parte) e literária (segunda parte), correspondentes às décadas de 60, 70 e 80.
- Escritos sobre Castelao, 1989
- Do Galego e da Galiza, 1990 (Póstumo)
- Umha voz na Galiza, 1992 (Póstumo)
