Programa de actividades Marzo
Estamos xa no mes da primavera, xa hai vontade de saír da casa, disfrutar do bo tempo Por qué non pasar pola Xuventude? Continuamos a ofrecer as nosas actividades dirixidas a todas as idades e a todos os gustos, desta forma mantemos vivo o espírito que nos move para promover a cultura e as tradicións de Galicia.
Destacamos a continuidade do curso de Cultura Galega Actual que quincenalmente acolle aqueles interesados na actualidade galega en todos os seus aspectos, non deixamos de facer tamén as nosas “Foliadas” no noso restaurante degustando algunhas tapas tradicionais. Cara a cultura, estamos a achegarnos ao mes das Letras Galegas, non deixando de ir presentando algúns libros e facendo exposicións.
Resta aínda dar continuidade ao traballo que vimos facendo en adaptar o funcionamento da Casa ao esixído pola nova Lei da Galeguidade na que se integra a actualización do rexistro para o recoñecemento de Comunidade Galega afincada fora de Galicia para a Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa. Deixamos aquí unha chamada a tódolos socios para participar na revisión de estatutos a decorrer, pois é un asunto en que todos deben colaborar para asegurar o futuro da Casa, e desta forma participar activamente de maneira mais estreita na vida cotidán de Galicia.
Álvaro Moreira
Venres dia 20 pelas 19:00h
Presentación do libro “Caminho do Amor”
Diário de um caminho a dois rumo a Santiago
Na Primavera de 2013, o Alexandre e a Anabela pegaram nas suas mochilas e percorreram a pé o milenar Caminho Francês de Santiago. Mas calcorrear os 800 km que separam a vila francesa Saint-Jean-Pied-de-Port de Santiago de Compostela foi muito mais do que a viagem geográfica que antecipavam. Foi acima de tudo uma viagem interior, de reflexão, de descoberta…
O Caminho, entre as imponentes montanhas dos Pirenéus e a capital galega, é composto por uma infinidade de minúsculos mosaicos compostos por encontros e desencontros, rascunhados de estórias de vida, pincelados de sorrisos e lágrimas, esboçados de sonhos e medos, moldados por conquistas e derrotas, adornados por sinais, abrilhantados de Amor. Foram dias únicos, irrepetíveis, incomparáveis.
É o relato desses dias que o leitor agora tem na mão.
Remátase a presentación con un viño de honra.
Os autores e o livro [ + info ]
Máis informacións e inscricións - Secretaría do Centro,
polo Telf.: 218853680 ou polo [email protected]
Venres dias 13 e 27 polas 19:00h
Máis duas sesións do:
De 15 a 15 | Curso de Cultura Galega Actual
Curso sobre Cultura Galega Actual organizado polo Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas, Universidade Nova de Lisboa e a Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa.
Impartido polo lector do Centro de Estudos Galegos, Isaac Lourido, o Curso abordará de forma descontraída e participativa os principais acontecementos, novidades e debates da cultura galega do século XXI.
Inclui na súa programación, palestras, presentacións de libros e outros eventos lúdicos.
De 13 de febreiro a 19 de xuño – dúas sesións mensuais (venres das 19 ás 20:30h)
Máis informacións e inscricións - Secretaría do Centro,
polo Telf.: 218853680 ou polo [email protected]
Sábado dia 21 pelas 15:30h
Biblioteca Manuel Boullosa
Asemblea Xeral Extraordinaria
Máis informacións nos separadores Estatutos e normativa, ou na secretaría do Centro polo Telf.: 218853680 ou polo [email protected].
Sábado dia 27 pelas 19:00h
Sesión de Contacontos con Avelino González
Centro Galego de Lisboa | Entrada Libre
Avelino González é unha das figuras relevantes do teatro e do audiovisual galegos na actualidade. Amplamente coñecido tamén polos seus traballos no ámbito da narración oral, como contacontos e monologuista, participou como actor nalgunha das series máis exitosas da TVG nas últimas décadas, como Rías Baixas, As leis de Celavella, Terra de Miranda ou Padre Casares. Fundador das compañíasTranvía Teatro e Ollomol Tranvía, traballou como actor con prestixiosas compañías como Teatro do Aquí, Teatro do Noroeste ou o Centro Dramático Galego, e foi o director da exitosa Bicos con lingua, de Talía Teatro. Foi recoñecido en varias ocasións cos Premios María Casares de Teatro, polo seu traballo como actor, escritor e tradutor.
Como contador de contos, Avelino González destaca por mesturar con mestría o sentido do humor, a rica tradición oral galega, a lírica das nosas vidas cotiás e a memoria da nosa comunidade humana.
Curso de Canteria 2015
Xa deu inicio
Infórmate - Inscríbete
Informacións e inscricións: Secretaría do Centro,
polo Telf.: 218853680 ou polo [email protected]
E para Abril ...
Sábado, dia 11
Inauguración exposición fotografía de Alberte A. Pereira
Sala Leocadia Boullosa
Sábado, dia 22
IV Jornadas de Lingüística Hispánica. Armonía y contrastes.






