...

Xunta de Galicia Rede de Bibliotecas de Galicia Arquivo da Emigración Galega Turgalicia Galicia Aberta

Programa 2014

Programa 2013

Programa 2012

Programa 2011

Programa 2010

Programa 2009

Programa 2008

Agenda cultural do Instituto Cervantes de Lisboa

Cultura galega no Centro de Lisboa

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

Biblioteca do Centro

Mais de 9.000 exemplares, entre libros, audios e audiovisuais, alén das Publicacións periódicas.




Dia das Letras Galegas 2014

Programa de actividades Maio
Letras Galegas 2014

Xosé María Díaz Castro
Homenaxeado Ano 2014

Xosé María Díaz Castro

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).

Currículum
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.

Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.


8 Maio | 19:00h
Inauguración das Comemoracións das Letras Galegas 2014

Coa exposición colectiva

Pintura
Fátima Botelho
Domingo Araya
Jose “Elmelanius” García

Dibuxo
Nacho Sesma

Escultura en pedra
Fran de Noia

Instalación/Gravura
Felicidad Pérez

Primaverarte

9 Maio | 19:30h | Conferencia co título
'Nimbos de luz: biopoética de Xosé María Díaz Castro'

Polo Profesor Armando Requeixo que nos falará un pouco sobre Xosé María Díaz Castro homenageado no dia das Letras Galegas 2014.

Biblioteca Manuel Boullosa

Armando Requeixo


16 Maio | 21:30h | Presentación do libro
'Contos peregrinos'

Contos Peregrinos

Do escritor portugués "de alma galega" Pedro Miguel Rocha.
Seguido de Recital de poesía galega aberto a todas as persoas que queiran participar.

Biblioteca Manuel Boullosa


23 Maio | 19:30h | Presentación dos Libros
"Os contos de Joselín"
e
"Miniaturas de Eugenio Granell - Música revelada"

Os Contos de Joselin

A cargo de Ariel Ninas e Ramom Almuinha, membros de "ACentral Folque - Centro Galego de Música Popular".

Pequena proxección e pequena intervención musical.

Biblioteca Manuel Boullosa

Contos de Joselín mais info


30 Maio
Clausura Letras Galegas 2014

21:00h Proxección da Longametraxe de Luis Avilés

Retornos, de Luis Avilés

"Retornos"

Retornos” conta a historia de Álvaro (Xavier Estévez), un home que tras fuxir de si mesmo durante 10 anos, regresa ao seu pobo para asistir ao enterro do seu pai.

Alí intentará reconsiliarse co seu irmán e recuperar á súa filla Mar (Manuela Vellés)... Pero non será doado. Todo se complica cando Álvaro encontra unha muller morta na estrada. É Lídia, unha prostituta moi amiga de Mar.

Álvaro que teme pola seguridade da filla, comeza unha investigación nun pobo no que nada é o que parece e todos teñen algo que esconder.

Dirección: Luis Avilés Baquero.
Países: España, Argentina y Portugal.
Año: 2010.

Retornos


31 Maio | 16:00h | Peddy-paper
"O Camiño Portugués a Santiago"

Peddy Paper

 

Actividade a decorrer nas instalacións do Centro e destinado ós mais pequenos.

Inscricións e informacións na Secretaría polo
Telef. 218853680 ou
[email protected]