Homenaxeados
ata agora

Dia das Letras Galegas 2011

Cada 17 de Maio Galicia celebra o seu DÍA DAS LETRAS GALEGAS, día no que homenaxéase un intelectual galego, este ano o escollido é LOIS PEREIRO.


LOIS PEREIRO

Lois PereiroLois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958 e con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos onde fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.

Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello,Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostimento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.

En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.

A morte sobreviríalle na cidade Coruña en 1996..

OBRA

 

Historia

O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real Academia Galega presentaron a proposta de que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" para rexistrar e divulgar a actividade intelectual galega".

Xesús Ferro Couselo, Manuel Gómez Román, e Francisco Fernández del Riego, alegaron que por celebrarse aquel mesmo ano de 1963 o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar e perpetura o simbolismo da data nunha celebración anual.

O dia 17 de maio, propúxose por ser nese día cando Rosalia de Castro llo adicou ó tamén poeta Fernán Caballero.