Noticias
Faleceu a filóloga Dulce Matos (Lisboa 17 de Novembro de 1938 - 2009)
Febreiro 2009
![]() |
Na madrugada do domingo na sua casa de Campolide, en Lisboa, faleceu a filóloga Dulce Matos, presidenta da asociación Cais de Culturas, con sede no barrio de Campolide, era unha figura moi coñecida e estimada no mundo das letras e das tertulias literarias de Lisboa, estando sempre ligada a diferentes asociacións culturais. |
|
Tras estudar no Liceu Maria Amália Vaz de Carvalho, licenciouse en Filoloxia Románica na Faculdade de Letras da Universidade Clássica de Lisboa e doctorouse en Literaturas Brasileira e Africana na mesma faculdade. Era diplomada en Lingua e Literatura Francesas polas Universidades de Toulouse Le Mirail, de Tours e de Estrasburgo e pola Alliance Française. Foi unha grande divulgadora da Literatura e Cultura Portuguesas xunto as Universidades do Brasil, España, Francia, Inglaterra, Italia e, especialmente, das comunidades portuguesas dos países anteriormente nomeados. Colaboradora do Presidente do ICALP - Instituto de Cultura e Língua Portuguesa - para as áreas de Brasil, América Latina, África de expresión portuguesa e Senegal (1984-1985) e asistente do Profesor Agostinho da Silva, Director do Centro de Estudos Latino-Americanos do Instituto de Relações Internacionais, entre 1986 e 1994. Entre 1984 e 2006 realizou 32 viaxes de divulgación cultural ó Brasil, Arxentina e Uruguai, realizando 260 palestras e 20 seminarios. Foi funcionaria da TAP durante moitos anos, traballo que exerceu conxuntamente có ensino no ISLA (1978-2001) e en diferentes grupos culturais, nos que foi unha mestra moi querida e apreciada, e pola sua enorme capacidade para saber motivar e incentivar ós alumnos no estudo da língua portuguesa. Incansable e activa, participou en moitas palestras, coloquios, presentacións e prefacios de varios libros... Nesta casa, tivemos a honra de disfrutar do seu saber e da sua especial sensibilidade en varias ocasións, as últimas na presentación dos proxectos de Xan Leira e o do Sr. Rodriguez Vaz. Foi unha honra coñecerte querida Dulce, beijinho! |
|



