Axenda Cultural do Centro Galego de Lisboa

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

A Xuventude de Galicia

A Xuventude de Galicia adicouse durante os seus cen anos de existencia, a divulgar a cultura, a historia, os costumes e a gastronomia de Galicia e de España.

Fágase socio!

Biblioteca

O Centro Galego de Lisboa dispón de unha Biblioteca con mais de 9.000 exemplares, entre libros, audios e audiovisuais, alén das Publicacións periódicas.

Teléfono: 21 885 36 80

Noticias

Programa de actividades de campamentos e campos de traballo 2009

Xaneiro 2009

Actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Información do programa: www.galiciaaberta.com

Prazo de presentación

Ata o 28 de febreiro de 2009.

Ampliación: O prazo estará aberto ata o día 16 de marzo de 2009.

Modalidades

Actividades de campamento (336 prazas):

Na quenda do 1 ao 12 de xullo ten lugar a actividade Galicia: verde e azul, que busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra; residirán os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos- en dúas instalacións: seis días na zona de interior (no Camp. Xuv. Os Chacotes , Palas de Rei (Lugo)) e seis días na zona de costa ( no Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña)), permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo

Na quenda, do 17 ao 28 de xullo, teñen lugar as Rutas coñece Galicia, a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos- en tres instalacións de tipo albergue ou residencia xuvenil (en cuartos compartidos), cunha permanencia duns 4 días en cada unha delas.

Complemento das actividades son as prácticas deportivas variadas acordes coa instalación en que se atopen residindo e actividades culturais para o coñecemento da realidade social de Galicia

Campos de traballo (28 prazas):

Participantes con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, en modalidades tales como: arqueoloxía/social, ambiental e cultural-etnográfica. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.

Destinatarios:

Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Requisitos dos beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que, cumpran os seguintes requisitos (acreditados suficientemente coa documentación que acompaña á solicitude de participación):

Prazas

336 prazas en actividades de campamento e 28 en campos de traballo.

Datas de celebración:

Actividades de campamento

Campos de traballo

Tipo de axuda:

Os participantes procedentes de España percibirán unha axuda de custo para a viaxe a Galicia por importe máximo de douscentos vintecinco euros (225 €), polo gasto realizado nun medio de transporte público e sempre en clase turista. No caso excepcional de utilizar un vehículo particular a contía a indemnizar será de 0,19 euros por quilómetro, ata o máximo previsto. (De todos estes gastos os participantes deberán aportar a documentación xustificativa, facéndose cargo destas axudas a Secretaría Xeral de Emigración).

Para os participantes do resto dos países, o financiamento do 100% do custo dos billetes de transporte desde o seu lugar de orixe ata o aeroporto de destino en Galicia, así como os medios de desprazamento dos beneficiarios con retorno inmediato desde a instalación en que finalizan a actividade ata o aeroporto de saída.

O aloxamento e manutención é gratuíto, correndo a cargo da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar).

Contacto:

Cobertura sanitaria

Os participantes gozarán durante a súa estadía en Galicia (non aplicable no resto de España) de asistencia sanitaria de urxencias, durante un período máximo de 3 meses.

Encontro Empresas Galiza-Portugal