Noticias
Premios Secretaría Xeral de Emigración 2008
Obxecto
Esta convocatoria de premios ten como obxecto a promoción da realización de actividades culturais e artísticas no seo das comunidades de galegos residentes no exterior, contribuíndo á súa dinamización cultural e á súa integración na vida social, artística e cultural de Galicia, e premiar aqueles traballos que no ámbito da comunicación e noutros ámbitos artísticos contribúan a un mellor coñecemento do fenómeno migratorio galego no presente e ao longo da historia.
Resolución
Resolución do 29 de setembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan, para o ano 2008, diversos premios para o recoñecemento daqueles traballos que en diversos ámbitos culturais contribúan a un mellor coñecemento do fenómeno migratorio galego.
Destinatarios
En Fotografía e Belas Artes: Galegos, persoas de orixe galega e os seus descendentes, así como os socios das entidades galegas residentes fóra de Galicia.
En Comunicación e deseño de carteis: Calquera autor ou entidade.
En páxinas web e revistas: Entidades galegas no exterior.
Convocatoria
Diario Oficial de Galicia nº191, do 2 de outubro de 2008
Prazo de presentación
Ata o 15 de novembro
Esta convocatoria abrangue os seguintes premios e modalidades:
Premio de fotografía
Modalidade analóxica
-Primeiro premio: 1.500 €.
-Segundo premio: 1.000 €.
Modalidade dixital.
-Primeiro premio: 1.500 €.
-Segundo premio: 1.000 €.
Premio belas artes
Modalidade de pintura.
-Primeiro premio: 1.500 €.
-Segundo premio: 1.000 €.
Modalidade de debuxo.
-Primeiro premio: 1.500 €.
-Segundo premio: 1.000 €.
Premio de comunicación
Modalidade prensa escrita e dixital.
-Primeiro premio: 1.500 €.
-Segundo premio: 1.000 €.
Modalidade radio e televisión.
-Primeiro premio: 3.000 €.
-Segundo premio: 2.000 €.
Premio de deseño de carteis
-Primeiro premio: 1.500 €.
-Segundo premio: 1.000 €.
Premio á mellor páxina web creada polas entidades galegas no exterior
-Primeiro premio: 2.500 €.
-Segundo premio: 1.500 €.
Premio á mellor revista editada polas entidades galegas no exterior
-Primeiro premio: 2.500 €.
-Segundo premio: 1.500 €.
Contacto
Secretaría Xeral de Emigración
Tfo: 981 957353 / 981 957162
c/ Basquiños, nº 2
15704 Santiago de Compostela. A Coruña
Mais información no site : http://www.galiciaaberta.com/


