Noticias
|
In MemoriamFoise alguén moi especial, un ilustre galego amigo desta casa, un ser entrañable, poeta, ensaísta,…, un estudioso da nosa cultura galega, amante de Portugal, da sua cultura e dos portugueses,…a sua voz está connosco na sua obra… |
VIAJERO En este lugar extraño Aquel dolor de escalas partiendo a ningún lugar De Designium, 1984, Ramiro Fonte |
|
| Ramiro Fonte Crespo Poeta e intelectual galego nacido en Pontedeume no ano 1957. Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, Ramiro Fonte foi un dos fundadores do colectivo poético "Cravo Fondo" no ano 1977. Alén da poesía cultivou a narración, o ensaio, a crítica e foi un estudioso da nosa literatura galega. Membro da Real Academia Galega, dirixía o Instituto Cervantes de Lisboa dende o ano 2005. Contaba cunha importante obra narrativa, ainda que e mais coñecido pola súa obra poética, pola que recibiu importantes premios e recoñecementos, entre os que se atopan o Premio da Crítica de Galicia, o Premio Losada Diéguez de creación, o Premio da Crítica Española, o Premio Esquío e o Premio Miguel González Garcés. Entre a súa obra poética destacan 'As cidades da nada' (1983), 'Designium' (1984), 'Pensar na tempestade' (1986), 'Pasa un segredo' 1988, 'As lúas suburbanas' (1991), 'Adeus norte' (1991), 'Luz do mediodía' (1995), 'Persoas de amor' (1995), 'O cazador de libros' (1997), 'Mínima moralidade' (1998), Capitán Inverno (1999) y 'A rocha dos proscritos' (2001). |
|


