Axenda Cultural do Centro Galego de Lisboa

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

A Xuventude de Galicia

A Xuventude de Galicia adicouse durante os seus cen anos de existencia, a divulgar a cultura, a historia, os costumes e a gastronomia de Galicia e de España.

Fágase socio!

Biblioteca

O Centro Galego de Lisboa dispón de unha Biblioteca con mais de 9.000 exemplares, entre libros, audios e audiovisuais, alén das Publicacións periódicas.

Teléfono: 21 885 36 80

Noticias

Escolas Abertas 2008 - TELEFORMACIÓN

A Secretaría Xeral de Emigración convoca estes cursos na modalidade de teleformación xa que a formación on line é un instrumento esencial para a participación da cidadanía galega no exterior na vida social e cultural de Galicia dun xeito normalizado e igualmente é unha ferramenta moi útil para a formación e especialización dos inmigrantes.

Destinatarios

Cursos convocados

Requisitos

Solicitudes

Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible no portal da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com.

Despois de validadas e impresas as solicitudes, remitiranse, preferentemente por correo electrónico, previamente escaneadas ([email protected]) ou via fax (00 34 981957399) a:
Secretaría Xeral de Emigración
Basquiños, nº 2, 15704 Santiago de Compostela – A Coruña

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
Fotocopia do DNI, pasaporte en vigor ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade.
Os cidadáns galegos e os seus descendentes, documentación acreditativa desta condición así como da súa residencia fóra de Galicia.
Os inmigrantes extracomunitarios, tarxeta de identidade de estranxeiro en vigor.

Para o curso de "Xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro", certificación do secretario co visto e prace do presidente, na que conste que o solicitante pertence a asociación, entidade ou centro galego.

O número máximo de cursos solicitados por persoa será de tres.
É requisito previo estar inscritos como usuarios no portal da Secretaría Xeral de Emigración (http://www.galiciaaberta.com)

Prazo

O prazo tanto para cubrir e validar os formularios, como para a presentación de solicitudes rematará o 10 de novembro de 2008.

Certificados

Requisitos para superar o curso e expedición do diploma acreditativo:
Adecuada realización das actividades
Lectura detallada dos contidos
Superar unha avaliación continuada