Coro da Xuventude de Galicia
| O Coro da Xuventude de Galicia comezou a renacer, alá polo ano 2003, cando un grupo de socios, especialmente de orixe galega, tivo a idea de reunirse informalmente, tódalas semanas, para relembrar cancións galegas tradicionais e tamén outras que os coros soen interpretar. Desta inciativa logo xurdiu, neste grupo, a idea de recuperar a prestixiada tradición coral doutros tempos, que os nosos devanceiros nos legaron e que non podemos ignorar. |
||
![]() |
Desde o início de 2004 e grazas á axuda de un dos nosos socios, o Coro é dirixido pola maestrina Dª. Ana Luisa Cardoso, unha profesional de elevada competencia e con moita experiencia no eido da música coral, pois do seu longo curriculo hai que destacar a súa permanente participación como soprano no Coro do Teatro Nacional de São Carlos. |
|
Ademais, a súa excepcional sensibilidade musical fixo que ela axiña establecese unha simbiose total coa alma galega, que está na esencia da maioria das pezas do repertorio do Coro. É este tamén un grande mérito seu, que todos con moito agrado lle recoñecemos. É con unha paciente e persistente preparación, proporcionada por esta maestrina, que o Coro comeza, progresivamente, a ter un compromiso de maior seriedade, participando en varios eventos tradicionais na nosa Casa, como a Festa de Reis e o Dia de Santiago. Finalmente, neste ano de 2008, ocorreu un novo pulo cualitativo: |
||
ACTUACIÓNS DO CORO: |
||
| 18 de abril de 2008 “Palacio da Independência” |
||
|
|
![]() |
|
O noso Coro tivo unha moi agarimosa acollida por parte do responsable polos referidos concertos naquela Sociedade, D. José Alberto Paulitos, o que tamén moito nos sensibilizou. Ademais, pode dicirse que, nesta actuación, estivo subxacente a lembranza dun antigo Director do noso Coro, nos finais dos anos 80 e principios dos 90, o Compositor e Catedrático de Música D. Nemesio García Carril, que foi profesor no Instituto Español de Lisboa. Dicimos que estivo subxacente a lembranza del porque a meirande parte das cancións, case todas galegas, que o Coro interpretou, e continuará a interpretar noutras ocasións, foron as que el arranxou e harmonizou cando dirixia o Coro. |
||
31 de maio de 2008 Beneficencia Española |
||
![]() |
No pasado dia 31 de maio o noso Coro foi á “Sociedad Española de Benficencia”, onde actuou especialmente para os avós e avoas residentes naquela instituición, estando tamén presentes, entre outras persoas, as monxas voluntarias de San Vicente de Paul e familiares dos residentes. |
|
Tamén asistiron a esta actuación os Presidentes das Xuntas Directivas da “Sociedad Española de Beneficencia”, Dª. Inmaculada Romero e da “Xuventude de Galicia- Centro Galego de Lisboa”, D. Miguel Seco, ben como algúns membros de ámbalas dúas Directivas. Foi unha enorme satisfación para tódolos elementos do Coro actuar para estes avós e avoas que pasan, monótonamente, un día trás outro, cada un con as súas dificultades. Foi unha honra para o noso Coro ter sido acollido con mostras de moito agarimo e recoñecimento. Ficou a promesa do Coro de repetir a visita aínda este ano. |
||
Ti que es socio, xúntate a nós e participa nestas e noutras alegrias.
Ven a esta túa Casa ós mércores ás 21:00 e adire a este noso Coro.










