Breve historia do Grupo "Anaquiños da Terra"
O Grupo Anaquiños da Terra naceu en xaneiro de 1955 na Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa para recrear os cantares e, máis tarde, a música e as danzas tradicionais galegas. Ó longo destes anos actuou nos mais diversos lugares: Embaixada de España, casinos, festivais de folclore, televisións (portuguesa e galega) e institucións de solidariedade social, sempre coa intención de divulgar o folclore galego en Portugal.
Os “Anaquiños da Terra” acaban por ser o principal vehículo de expresión da tradición galega. O seu nome é indicativo dese papel: significa: “pedaciños da nosa terra”. O Grupo pretende ser o intérprete deses anacos culturais e expresivos da cultura galega.
Os cantares son esencialmente femininos, os instrumentos, entre os cuais destacan as pandeiretas, as cunchas, como as utilizadas polos peregrinos a Santiago de Compostela, as piñas, o tambor, o bombo, o pandeiro, a zanfona (instrumento de cordas medieval) e a gaita, entre outros.
Na danza tradicional galega, onde destaca especialmente a muiñeira, a xota e a pandeirada, características dos bailes tradicionais, tamén existen danzas asociadas a eventos específicos, como son: a danza de maio, a danza dos paos ou a danza da regueifa, típica de bodas. Existe tamén outro tipo de danza máis recente produto de interaccións con outras tradicións, normalmente traídas por emigrantes galegos, como son: a polca, o valse galego ou a mazurca.
Os traxes dos “Anaquiños da Terra” son típicos de Galicia, de varias rexións e con diversas aplicacións.
REGLAMENTO DOS “ANAQUIÑOS DA TERRA” ( EN PREPARACIÓN )
Colabora achegando as túas ideas e suxestións e outras informacións
Se queres participar coa túa opinión envia un mail ou contacta o noso Centro
Mais información pincha aquí
VEN SER UN ANAQUIÑO
VAMOS ARRANCAR CON TODA A FORZA
INICIO VENRES DIA 22 de OUTUBRO
ANAQUIÑOS NENOS
PREVISTO AS 20:30 NO SALÓN DE FESTAS,
NO INICIO PEQUENA REUNIÓN
PARA COMBINAR MELLOR HORARIO CASO INTERESE.
ENSAIADORES: OS ANTIGOS ANACOS
ANAQUIÑOS MENOS PEQUENOS
21:30 PARA REUNIR TODOS.
INICIO ENSAIOS AS 22:00 TÓDOLOS VENRES
NA SALA CELIA NEVES.
ENSAIOS QUINCENAIS DIRIXIDOS POR XULIO VILLAVERDE.
RESTO DE ENSAIOS POR ENSAIADOR NOMEADO.
NON FALTEDES
BASTA SER SOCIO SI TES MAIS DE 18 ANOS
OU CASO TEÑAS MENOS, GOZAS DO DEREITO DE TEU(S) PAI(S)
SOAMENTE SE ADMITIRÁN AQUELES QUE TEÑAN A SUA SITUACIÓN REGULARIZADA


