Programa 2008

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

Centenario do Centro

Ós nosos prezados socios
 
A Lisboa de hoxe non se pode entender sen ter en conta a contribución dos galegos.

A presencia galega aínda pervive con forza en cada recanto da cidade “alfacinha”, e a “Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa”, que agora festexa o seu primeiro Centenario, cas pequenas e grandes historias persoais ligadas ó seu propio desenvolvemento, e unha mostra diso.
 
Moito mudou nestes 100 anos. Hoxe somos mais de 800 socios, entre efectivos e simpatizantes, cas súas familias, para os que a “Xuventude de Galicia” foi unha segunda casa e un vínculo efectivo coa nosa terra e a nosa cultura…
 
Mais non debemos ficar por aquí, temos que acadar revitalizar o noso Centro Galego e transformalo nun lugar de encontro, onde todos nos sintamos como na nosa casa, e isto non será posible sen a vosa axuda e participación constante e activa, non limitada a espectadores dos eventos convocados.
 
Para a Direccion actual ten sido moi gratificante poder participar deste esforzo e dar continuidade a unha historia iniciada no lonxano 1908…
 
Moito queda aínda por facer. Contamos convosco.
 
Un cordial e agarimoso saúdo.
Miguel Seco