Letra do Hino Galego

¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar?

¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan,
non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.

Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.

Ligazóns de interés