queimada galega

Ingredientes

  • Augardente (1 litro)
  • Un limón
  • Unha mazán
  • Azucre +/- 120gr/litro
  • Un pau de canela

Preparación

Botalo augardente nun pote de queimada (de barro cocido). Engadir unhas cascas de limón, a mazán e azucre ó gusto (unhas 6-8 culleres de sopa). Remexer ben ata mestura-lo azucre.

Nun cazo coller un pouco da augardente e despois de prenderlle lume, levar a carón do pote ós poucos, prendendo toda a queimada.

Remexer de cando en vez, recitando o conxuro da queimada, agardando uns minutos de xeito que queime case todo o alcol (ata que ó suprar a modiño apague o lume)

queimada galega

Conxuro

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e alimanhas.

Lume das Santas Companhas, mal de ollo,
negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte,
foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.

Barriga inutil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ao do inferno,
e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora,
facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.