Normativa
Neste local iremos actualizando a normativa que pode interesar a todos os que se atopan en comunidades afincadas fora de Galicia e para que de unha forma xeral saiban como participar e colaborar na vida do pobo galego. Deste xeito podem tomar coñecemento sobre os proxetos e as actividades que a Xunta de Galicia através da Secretaria Xeral de Emigración ou de algunha das súas Consellerías coloca a disposición dos galegos da diáspora.
|
Estatuto de AutonomíaSendo Galicia, unha nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma para acceder ó seu autogoberno, de conformidade coa Constitución Española e co Estatuto de Autonomía, que é a súa norma institucional básica. As comunidades galegas asentadas fóra de Galicia poderán solicitar, como tales, o recoñecemento da súa galeguidade entendida como o dereito a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego. Unha lei do Parlamento regulará, sen prexuízo das competencias do Estado, o alcance e contido daquel recoñecemento ás ditas comunidades que en ningún caso implicará a concesión de dereitos políticos. |
LEI 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidadeO Estatuto de autonomía de Galicia, no seu título preliminar, salienta a importancia que a diáspora dos seus fillos e fillas dos últimos dous séculos supuxo para o pobo galego, establecendo que as comunidades galegas asentadas fóra de Galicia poidan solicitar o recoñecemento da súa galeguidade. Tamén establece que tal recoñecemento, entendendo este como o dereito a colaborar e a compartir a vida social e cultural do pobo galego, se regulará mediante unha lei do Parlamento. O Estatuto tamén reflicte a importancia da colaboración co Estado na consecución de tal obxecto, procurando o impulso da acción deste no que atinxe á articulación de tratados e convenios polos cales se tenda a favorecer os fins destas comunidades e as aspiracións dos seus membros. A Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, e a posterior normativa de desenvolvemento fixaron un marco legal efectivo que permitiu ás comunidades galegas asentadas fóra de Galicia manter, mellorar e fortalecer as súas relacións coa sociedade galega e coa Administración autonómica. |
DECRETO 66/2014, do 23 de maio, de regulamento da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, e do Rexistro da GaleguidadeO artigo 7 do Estatuto de autonomía de Galicia recoñece ás comunidades galegas asentadas fóra de Galicia o dereito a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego mediante o recoñecemento da súa galeguidade, cuxo alcance e contido será regulado por lei do Parlamento. Así, pola Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, regulouse o recoñecemento da galeguidade, definindo o seu alcance nas ordes social e cultural. A Lei 4/1983, do 15 de xuño e a posterior normativa de desenvolvemento fixaro nun marco legal efectivo que permitiu ás comunidades galegas asentadas fóra de Galicia manter, mellorar e fortalecer as súas relacións coa sociedade galega e coa Administración autonómica.
|