Noticias de Galicia

Noticias de España

Noticias do mundo

Lembranzas do Centenario da Xuventude de Galicia

Á venda na secretaria do Centro Galego

Libros á venda na Secretaría

Biblioteca

Situada no primeiro piso do Centro, intégrase dentro dos servicios que éste ofrece con diversa documentación en galego ou sobre Galicia, en galego e tamén algo en castelán e portugués.

Noticias 2013


O Parlamento pide a Educación que imparta portugués en todos os colexios
Aprobou por unanimidade unha iniciativa para reforzar a lusofonía e o seu potencial económico

Faro de Vigo | s. otero - vigo | 15 Mayo 2013

Estudar portugués desde pequenos para aproveitar as vantaxes da lusofonía non só no ámbito cultural senónconlazos económicos. Esta é a clave da Iniciativa Legislativa Popular aceptadaonte por unanimidad no Parlamento para a incorporaciónprogresiva do portugués a todos os niveis de ensino regulado, así como unha relaciónestratéxica de Galicia cos países que teñan dita lingua oficial.

P, PSdeG, AGE e BNG votaron a favor de promover a lusofonía desde a escola. Nalgúns institutos galegos xa se imparteportugués como segunda linguaestranxeira, de modo opcional. A proposta defendida no hemiciclo por Xosé Carlos Morell vai máis aló e propón á Xunta incorporar encatro anos a aprendizaxe do idioma portugués na educación e tamén por que o dominio desta linguateña especial recoñecemento para o acceso á función pública e concurso de méritos.

Morell destacou que a iniciativa, que leva o nome de Valentín Paz Andrade por ser pioneroen defender o crearlazos lusófonos para abrir mercados e aproveitar a conexión cultural tamén no ámbito económico, foi subscrita por máis de 17.000 persoas. Di que conta co apoio da cidadanía, consciente de que se están desaproveitando as vantaxes de dúaslinguastan próximas.