Axenda Cultural do Centro Galego de Lisboa

entrada do Centro Galego de Lisboa

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

Cursos/seminarios

Aberto o prazo para inscribirse nos Cursos de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros en Santiago de Compostela


Marzo 2010

Os cursos, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela, terán lugar do 2 ao 30 do próximo mes de Xullo. Os interesados en participar xa poden realizar a súa solicitude.

O obxectivo principal destes cursos é darlle ao alumnado a oportunidade de se familiarizaren coa lingua galega e mais coa realidade sociocultural de Galicia, para o que se realizan clases teóricas e prácticas sobre lingua galega, ademais de leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc. e visitas a lugares de principal interese cultural.

As tres universidades galegas, grazas á colaboración de Política Lingüística, organizan estes cursos que acollen, cada ano, durante o mes de xullo, máis dun cento de alumnos e alumnas procedentes de diversos países de todo o mundo.

Contacto:
Miguel Arce Méndez marce.santiago@yahoo.es
Lector de Galego na Universidade Nova de Lisboa

Máis información:

http://www.xunta.es/linguagalega/cursos_para_estranxeiros