...

Xunta de Galicia Rede de Bibliotecas de Galicia Arquivo da Emigración Galega Turgalicia Galicia Aberta

Programa 2016

Programa 2015

Programa 2014

Programa 2013

Programa 2012

Programa 2011

Programa 2010

Programa 2009

Programa 2008

Agenda cultural do Instituto Cervantes de Lisboa

Cultura galega no Centro de Lisboa

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

Biblioteca do Centro

Mais de 9.000 exemplares, entre libros, audios e audiovisuais, alén das Publicacións periódicas.




Programa de actividades Maio

Mércores, 3 Maio| polas 10:00h

A visão da Galiza em Portugal: Lisboa, Minho e Trás-os-Montes

Emilio Cambeiro

Palestra a cargo de Emilio Cambeiro Durante anos profesor do Centro de Estudos Galegos da FCSH, que actualmente reside en Bragança dedicando-se ao campo profisional da traducción. Unha abordagem diferente e amena nucleada em experiencias e reflexões.

Sala 003 da FCSH

Centro Estudos Galegos - Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas


Venres 5 Maio

Concerto Recital “POESIS”

Hora e local:

Elisabeth Oliveira - Poesis

O POESIS é un proxeto musical e literario que naceu en Galicia, mais com unha clara dimensión lusófona ao envolver a Elisabeth Oliveira (Portugal), Gustavo Almeida (Brasil) e Manoele de Felisa (Galicia), e que recentemente se ten tornado libro.

Precisamente agora o Centro de Estudos Galegos (CEG) e a Xuventude da Galicia – Centro Galego de Lisboa, tem o prazer de vos convidar a este concerto-recital e a presentación do libro-CD na secuencia da divulgación da cultura galega e do estudio das relacións galego-portuguesas.

 


Martes 9 Maio

Presentación da campaña
Turismo Rías Baixas “Moito por descubrir”

Hora e lugar:

Cruzando Camiños

É unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que se leva a cabo en Lisboa e Oporto co fin de promocionar a provincia de Pontevedra en Portugal e que o público luso coñeza os principais recursos turísticos da sur de Galicia.

Este evento ten como gran protagonista ao turismo cultural con tres elementos que fan de Rías Baixas un destino moi atractivo para coñecer e disfrutar. En primeiro lugar promociónase o Camiño de Santiago, especialmente o Camiño Portugués que une Lisboa con Compostela. En segundo lugar, ponse en valor o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017 e con elo todo o potencial enolóxico e gastronómico de Pontevedra. En terceiro lugar, os festivais das Rías Baixas son un elemento de dinamización de público amante da cultura musical en 8 localizacións da provincia aomesmo tempo que unha boa iniciativa para descubrir a paisaxe, a gastronomía e o patrimonio cultural.


Mércores 17 Maio

Documental de Millo Filmes: “Contando a Carlos Casares”

Hora e local:

Elisabeth Oliveira - Poesis

Neste 2017 o Día das Letras Galegas consagrase a Carlos Casares, romancista e xornalista imprescindíbel. Que nos fai entender a renovación narrativa operada no sistema-literario galego da segunda metade do século XX. O CEG e a Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, non quixemos deixar pasar a ocasión para traer a Lisboa en primacía o documental da Millo Fimes dedicado á súa figura. Contando a Carlos Casares.

É un documental de 60 minutos en que participan familiares e amigos, para alén de especialistas sobre o autor. Un percorrido polas facetas máis interesantes da súa vida para coñecer o home e encontrar as chaves coas que debulhar a súa obra literaria. Contaremos tamén cun colóquio posterior cunha integrante do equipo produtor para permitirnos como espetadores entender o máis posíbel da súa figura e creación.


Venres 19 Maio

Presentación do livro “Crónicas de um Peregrino”

De Manuel Vázquez, o Doutor Peregrino

Hora e local:

Crónicas de un peregrino

Como se pode ler na contracapa, «Crónicas de um Peregrino é o relato dunha experiencia vivenciada polo autor. A preparación, o adestramento, a pescuda e as reflexións que acompañaron unha aventura. San descritas as etapas dun deses Camiños, cun entusiasmo vivido, partillado e estimulante dun coñecemento da vida e amadurecimento.

Ser peregrino relátase como unha obra nunca acabada, que se perpetúa e engrandece o corpo e a alma. Todos se desexa "Bo Camiño...". Nestas crónicas, vividas no Camiño de Santiago (e na súa preparación), Galicia protagoniza algunhas pasaxes.

[ Manuel Vázquez ]


Letras Galegas 2017

Venres 26 Maio | 19h30

Festa das Letras Galegas
na Xuventude da Galicia – Centro Galego de Lisboa

Presentación do livro

A incrível história da língua portuguesa

A incrível história da língua portuguesa

O profesor da FCSH, Marco Neves, presentará na Xuventude da Galicia – Centro Galego de Lisboa o seu libro “A incrível historia da lingua portuguesa”, cunha recepción moi ben sucedida a ambas marxes do Miño e que ofrece unha amena, aínda que rigorosa, visión da lingua portuguesa. Portanto, foca tamén as relacións do dias sistema galego-portugués nas dúas marxes río Miño.

[ Marco Neves ]

Recital poético-performance coas galegas

“Duas Gamberras e un micro”

Duas gamberras e un micro

 

É un proxecto poético onde a performance e a literatura se dan a man para explotar unha reatualización constante do feito literario, achegando ás expresións culturais ao sentir da mocidade. Tras a súa estadía no Centro Galego de Copenhaga e en numerosas vilas e cidades da Galiza chegan agora por vez primeira a Lisboa.


 

Concerto do cantautor punk galego

O Leo de Matamá

O Leo de Matamá

O Leo de Matamá presenta o seu novo espectáculo "Sé mente de vencer"

O Leo i arremecághona! é o nome artístico de Leonardo Fernández Campos, canta-autor punk nacido en Matamá (Galiza) en 1974. Filólogo e poeta (Hai cu, 2007) ten participado noutros proxectos musicais de distintos estilos como Labregos o tempo dos sputniks ou Das Kapital polo que a súa contribución foi decisiva na última década para renovar o panorama musical underground da escena galega.

Foliada

A cargo dos gaiteiros da Xuventude, pertencentes aos “Anaquiños da Terra” Grupo que naceu en xaneiro de 1956 na Xuventude da Galicia - Centro Galego de Lisboa para recrear os cantares, danzas e músicas tradicionais de Galicia.

Remate con Queimada Galega