...

Xunta de Galicia Rede de Bibliotecas de Galicia Arquivo da Emigración Galega Turgalicia Galicia Aberta

Programa 2016

Programa 2015

Programa 2014

Programa 2013

Programa 2012

Programa 2011

Programa 2010

Programa 2009

Programa 2008

Agenda cultural do Instituto Cervantes de Lisboa

Cultura galega no Centro de Lisboa

Restaurante Galego

Reservas: 21 882 13 92

Biblioteca do Centro

Mais de 9.000 exemplares, entre libros, audios e audiovisuais, alén das Publicacións periódicas.




Programa de actividades Abril

(Des)Encontros galego-portugueses
[ Ciclo de eventos | marzo, abril e maio de 2016 ]

(des)encontros galego/portugueses

Organización
Centro de Estudos Galegos (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa) e Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa.

Venres, 8 de Abril | 19h00

Emigración galega en Portugal

Conferencia titulada "Dos gallegos de exportação à Euroregião. Visões lusas da Galiza e os galegos", polo Prof. e Investigador Carlos Pazos Justo (Universidade do Minho)

Venres, 22 de Abril | 19h00

Democracia

Proxección do documental "Santa Liberdade" (2004), da realizadora galega Margarita Ledo Andión.

Trata o secuestro do barco Santa María por un grupo de loitadores contra as ditaduras portuguesa e española, con protagonismo moi importante de galegos como Xosé Velo Mosquera e Jorge Soutomaior.

No més de Maio

Sábado, 7 de Maio | 16h00

A Lisboa máis galega

Itinerario guiado por algúns dos lugares máis emblemáticos da comunidade galega en Lisboa. Será conducida polo lector do Centro de Estudos Galegos, Isaac Lourido, que contará con convidados para participar nas tarefas de información de cada espazo visitado.

Saída desde a Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa.
[Abertas inscricións]

[ Ciclo de eventos | marzo, abril e maio de 2016 ]

Todos os eventos decorrerão na
Xuventude de Galiza - Centro Galego de Lisboa


V Jornadas Lingüística Hispánica Mércores, 13 de Abril | 18:00h

Clausura das V Xornadas de Lingüística Hispánica, este ano sobre o tema “Centros y periferias”

Biblioteca Manuel Boullosa

Conferencia
"Do centro á periferia: español e portugués como linguas de contacto no discurso político en Galicia”

Por Xosé Luís Regueira, Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago de Compostela

Xosé Luís Regueira

Estas Xornadas terán lugar ao longo dos días 11, 12 e 13 de abril de 2016, contando coa participación de prestixiados académicos de diversas universidades portuguesas (Beira Interior, Coimbra, Lisboa, Oporto) así como de universidades estranxeiras pertencentes a 23 paises dos cinco continentes: Bélxica, Brasil, Colombia, Corea, Cuba, Ecuador, EEUU, España, Francia, Hungria, Italia, Marruecos, México, Noruega, Nueva Zelanda, Paraguai, Polonia, Puerto Rico, Reino Unido, República Dominicana, Serbia, Suecia, e Uruguai.

Detalles do programa das xornadas no link:
https://sites.google.com/jornadasdelinguisticahispanica


Centro Superior de Hosteleria de Galicia Martes, 19 de Abril | 18:00h

Charla sobre o Centro Superior de Hostelería de Galicia

Biblioteca Manuel Boullosa

O Centro Superior de Hostelería de Galicia é un centro universitario, ubicado en Santiago de Compostela, que forma directores de hotel e xestores en cociña desde fai 20 anos.

Cun plan de estudos centrado na Administración de Empresas, os alumnos aprenden a traballar desde o primeiro día no sector hoteleiro. Úsase unha metodoloxía que alterna unha semana de teoría en xestión cunha de prácticas nos departamentos de Servizos, Cociña, Aloxamento e Recepción durante os dous primeiros anos, que se completa cunha formación en dirección os dous últimos. E todos os anos, os alumnos fan prácticas durante tres meses nas cadeas hoteleiras máis prestixiosas a nivel internacional, ademáis de seis meses o último ano, o que lles aporta unha experiencia de 15 meses antes de acceder ao mercado laboral.

O nosso prestixio ven avalado porque máis de 2.000 antigos alumnos xa traballan no sector turístico en máis de 60 países e pola súa elevada inserción laboral. Oito meses despois de finalizados os estudos, o 85% está traballando en postos directivos.

Si quere saber máis información, visite a nosa web cshg.es ou acceda ao noso canal de Youtube con máis de 300 vídeos onde pode coñecer aos nosos alumnos, profesores, antiguos alumnos, cadeas hoteleras y todo tipo de actividades.

Centro Superior de Hosteleria de Galicia