Homenaxeados
ata agora

O Dia das Letras Galegas 2014

El presidente de la RAG lo define como una "figura fundamental" pese a tener una obra "breve".

El Día das Letras Galegas estará dedicado en 2014 a la figura del poeta Xosé María Díaz Castro, según el acuerdo adoptado de forma mayoritaria por los académicos de la Real Academia Galega (RAG), ha informado su presidente, Xesús Alonso Montero.

La elección de Díaz Castro, nacido en Os Vilares de Parga, en Guitiriz (Lugo) en 1914, coincidirá con el centenario del nacimiento de este poeta, "un políglota extraordinario", según ha remarcado Alonso Montero, quien lo ha definido también como un poeta "patriótico" y autor de una poesía procedente de la "cultura clásica".

La candidatura de Díaz Castro contó con el respaldo de la mayoría de los académicos, en una votación en la que quedó como finalista el también poeta Fiz Vergara Vilariño.

Fallecido en Lugo en 1989, Díaz Castro, que estudió en el Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, desarrolló su actividad profesional en Madrid desde 1948 como profesor. Fue autor de una única obra, el poemario 'Nimbos' (1961).

Pese a ello, ha sido encuadrado dentro de la Generación de 1936, junto a poetas como Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro y Aquilino Iglesia Alvariño. Entre sus poemas más conocidos está 'Penélope'.

Xosé María Díaz Castro

Homenaxeado Ano 2014

Xosé María Díaz Castro

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).

Currículum

Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.

 

Obras realizadas

Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.

Outros datos de interese

O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

www.poetadiazcastro.com

Biografía de Xosé María Díaz Castro

"Lémbrome ben de que, na miña época de estadía en Mondoñedo, dirixín unha revista absolutamente manuscrita, feita por estudantes". O poeta falaba tamén de que compuxo, nesa época, dous cadernos: Follas verdes e Follas ao vento. En 1931 publicou, en El Progreso Vilalbés, o primeiro texto en galego, Lembranzas e sospiros. Posteriormente, en carta a Fernández del Riego (14 de maio de 1959) dirá que “casi todo se ha perdido”, en referencia á súa obra anterior.

En 1936 deixou o Seminario ao ser chamado para incorporarse ao exército. Logo dunha breve estadía na fronte de Asturias, é destinado ao Hospital Militar de Pontevedra. Rematada a Guerra Civil, 1939, volveu a Mondoñedo. Transcorridos uns meses abandonou definitivamente o Seminario e contactou co seu amigo Aquilino Iglesia Alvariño, que dirixía daquela o Colexio León XIII, en Vilagarcía de Arousa. Díaz Castro incorporouse a aquel centro escolar onde impartiu clases ata a súa marcha a Madrid.

Nos Xogos Florais de Betanzos, 1946, acadou a frol natural ao mellor poema en castelán coa composición El cántico de la ciudad, 112 versos, e o premio á mellor poesía en galego con Nascida d’un soño, tríptico de sonetos, publicados ambos e dous no Anuario Brigantino, en 1948 e 1951, respectivamente.

Cursa estudos de Filosofía e Letras e trasládase a Madrid, 1948. O seu dominio dunha boa parte das linguas europeas permítelle entrar a traballar como tradutor no Ministerio del Interior e, logo, no Instituto de Estudios Hispánicos. Nos anos sesenta, trasládase ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas, encargándose do servizo de traducións do Instituto Científico y Técnico Juan de la Cierva, concretamente no Centro Experimental del Frío, onde acadará a súa xubilación.

Dende Madrid colaborou coa revista Alba, dirixida, en Vigo, por Ramón González Alegre. En 1955 aparecen, no tomo IV da Escolma de Fernández del Riego, poemas seus en galego que recollerá en Nimbos. En 1961, o 5 de xullo, sae do prelo da editorial Galaxia Nimbos, a súa obra cimeira. O libro foi saudado e loado por Ricardo Carballo Calero, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e outras voces autorizadas.
Díaz Castro retornou a Galicia en 1982, vivindo en Guitiriz co seu irmán Serafín e frecuentando a amizade de Alfonso Blanco Torrado, autor de Ascensión dun poeta (1955), ensaio merecente do IX Premio Ánxel Fole. Nesta etapa da súa vida, o poeta coñeceu e tratou algúns escritores galegos e colaborou con Dorna, publicando poemas e traducións en varios números da revista. Segundo el mesmo manifestou, en repetidas ocasións, a súa acollida por parte de Dorna, serviulle de “estímulo para retomar o hábito, para volver á poesía”. Por iniciativa dos seus amigos Luís González Tosar, coordinador daquela de Dorna, e Alfonso Blanco Torrado, a Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, en novembro de 1987, dedicoulle o volume Homenaxe a X. M. Díaz Castro. Cómpre destacar, así mesmo, que o d’Os Vilares foi importante tradutor, ao galego e ao castelán, de autores como Lamartine, Chesterton, Yeats, Whitman, Rilke... e que se ocupou tamén da crítica e do ensaio en revistas e xornais especializados como La Estafeta Literaria e ìnsula.

Finou en Lugo o 6 de outubro de 1990 e foi soterrado en Guitiriz. Deixou inéditos, en castelán, o poemario Sombras radiantes e unha longa composición, Melodía.”

Texto de Luís González Tosar

Programa Dia das Letras Galegas